Loading

30-1-18

Claqueta/Tutoría Paz-Fame 2018

O mundo necesita Leccións de Paz

LINGUA GALEGA POLA PAZ

Se o galego é a lingua da nosa terra.

Aprendo que todas as linguas enriquecen o noso mundo.

En galego tamén pedimos paz.

Todas as linguas Unidas poden facer un mundo máis forte.

RELIXIÓN POLA PAZ

Se a paz é o pilar fundamental da Relixión.

Aprendo que a paz conmigo mesmo e cos outros é o único camiño para conseguir a verdadeira felicidade.

Que a xustiza, o amor e o perdón constrúen paz.

Que quen ama a vida, ten que apartarse do mal e facer o ben, buscar a paz e correr tras ela.

INGLÉS POLA PAZ

Se coa nosa linguaxe favorecemos a paz.

Aprendo que xente de aquí e xente de fala inglesa xuntos facemos a paz.

Porque podemos falar e cantar en inglés de paz como xa Lennon imaxinou.

Porque en inglés falan millons de persoas que poden falar de paz.

PLÁSTICA POLAr PAZ

Se a paz pode ser plasmada nunha imaxe

Aprendo que a paz tamén se debuxa.

Que a paz é de todas as cores.

Que o arco da vella formado por sete cores representa a alianza de paz de Deus coa humanidade.

INTERIORIDADE POLA PAZ

Se un ovo rompe dende fora a vida termina, se rompe desde dentro a vida comeza

Aprendo que as grandes cousas, como a paz comenzan necesariamente desde o interior. Nace dentro de nós e dende ahí o regalamos ao mundo.

É no interior dos nenos onde se atopa a grandeza que nos pode levar á paz. Somos o futuro mellor. Desarmemos o noso interior.

EDUCACIÓN PARA O DESARROLLO HUMANO

Aprendo que a través do proceso educativo podo adquirir coñecementos, actitudes e valores para promover a cidadanía global, xeradora dunha cultura de paz.

Paz que se pode conseguir a partir da xustiza social e coa promoción do desenvolvemento humano e sostenible.

Porque o mundo precisa que se xenere unha cultura de paz. Temos que formar homes e mulleres novos para un mundo novo.

MEDIACIÓN POLA PAZ

Aprendo que cada un de nós pode ser instrumento de paz.

Porque dous non se pelexan se un non quere.

Porque a paz sempre ten que ter unha oportunidade. Sempre é posible un achegamento que permita chegar a un acordo xusto.

Porque sempre hai modo de resolver un conflicto con boa vontade.

GRUPOS LESTONNAC POLA PAZ

Se o mundo é un agasallo que temos que coidar…

Aprendo que Deus quere que sexamos felices, compartindo e axudando aos que máis o necesiten. Seguindo a boa noticia de Xesús, que é LUZ, para todos, sen distinción.

Porque xuntos, as persoas, somos capaces de dar o mellor de nós, e caminar, dando unha lección de amor, vida e paz ao mundo.

HISTORIA POLA PAZ

Se a historia se estuda para aprender dos erros do pasado…

Aprendo que non hai guerra fría, química, atómica, santa, campal o nuclear que sendo guerra sexa boa.

Que de toda a historia hai algo que aprender.

E que a nosa historia, a que veña, vana escreber elas e eles, palabra por palabra.

LINGUA E LITERATURA POLA PAZ

Se ler nos fai libres…

Aprendo que ningún misil chegará nunca tan lonxe coma a palabra.

Que a lectura renace en tempos de paz.

E que unha frase a tempo pode cambiar o mundo.

MATEMÁTICAS POLA PAZ

Se o que sumamos ao mundo achega máis ca o que lle restamos…

Aprendo que ao multiplic ideas gañamos todos.

Que o mundo é mellor cando a paz tende ao infinito.

Que en toda ecuación encontrar a solución é o que importa.

EDUCACIÓN FÍSICA POLA PAZ

Se a maior competición deportiva é pola paz…

Aprendo que para ser un gañador hai que saber abrazar ao contrario.

Que ata nos deportes individuais tes que saber facer equipo.

Que se loita so na pista. E que cando participas sa paz, sempre gañas ti.

CIENCIAS POLA PAZ

Se nas leis do universo non hai lei que defenda as guerras…

Aprendo que as guerras non son admisibles para a biosfera.

Que a fusión nuclear debe separar átomos e non culturas.

Que os foguetes son para lanzarnos ao universo.

Solta de globos

Baile: “Abriendo Caminos”

Colaboración especial na campaña de Mans Unidas, que este año ten como lema “Comparte lo que tienen”.

Vídeo fotográfico
Created By
Compañía de María Ferrol 2018
Appreciate

Report Abuse

If you feel that this video content violates the Adobe Terms of Use, you may report this content by filling out this quick form.

To report a Copyright Violation, please follow Section 17 in the Terms of Use.