Esta actividade foi desenvolvida polo equipo de biblioteca dos alumnos e alumnas de ESO, inspirada noutras ideas compartidas en cursos de formación de bibliotecas escolares de Galicia.
Fíxose unha selección de fotogramas pertencentes a películas que tiñan moi presente o tema do amor. A maioría delas forman xa parte da historia do cine. Os alumnos posaron imitando as imaxes orixinais, para reproducir cos seus rostros os carteis propostos. Amosaron a súa profesionalidade e capacidade dramática ante as cámaras. Foi unha iniciativa divertida e interesante.
Parabéns ás actrices e aos actores colaboradores: Mateo, María, Lucía, Silvia, Marta, Miguel, María, Bea, Blanca, Uxía y Lucía.
Aquí podedes ver unha mostra dos resultados.