Loading

Comezamos!

A nosa escola, a vosa escola...

A escola á que se van incorporar as crianzas e que precisan facelo de forma progresiva, xa que supón un cambio moi importante para eles.

Novos espazos que descubrir, novos vínculos que establecer con persoas descoñecidas, separación das súas figuras de apego durante moitas horas, cambios nos seus horarios e rutinas...

Pero tamén para vós...

Deixades aos vosos peques, o máis valioso que tedes, nas nosas mans.

A "adaptación" non só é para eles, é para todos.

Confiade, escoitade, observade, preguntade dúbidas...

Peques, familias e profes somos un EQUIPO.

Algunhas pautas importantes

1. Respectade os horarios, para facilitar a organización e os momentos de "calma" nas entradas e saídas.

2. Procurade que veñan con roupa e calzado cómodos, que faciliten a súa autonomía.

3. Regulade o acompañamento na aula segundo as necesidades de cada crianza: non vos marchedes sen despedirvos aínda que chore, nin permanezades máis tempo do necesario na clase se o neno/a non o necesita.

4. Falade con eles a diario sobre o que fixeron na escola, motivándoos, reforzando a súa curiosidade e ganas de investigar e aprender.

5. Informádenos de todo o que consideredes necesario e preguntade todas as dúbidas que teñades, SEMPRE.

Normas básicas para o acompañamento na aula

* O espazo é das nenas e nenos. Mentres permanezades na aula intentade estar á súa altura (sentados, agachados...) para interferir o mínimo posible no seu campo de visión e na súa actividade.

* Deixade que sexa o neno/a o que vos reclame se o precisa (non vaiades detrás deles).

* As tres normas inquebrantables son: respectarnos a nós mesmos, respectar ás demáis persoas e respectar os materiais e espazos. Se se incumpre algunha destas tres normas e ten que intervir algún adulto, seredes vós os que o faredes mentres esteades presentes na aula. Nós non interviremos ata que exista vínculo afectivo cos peques e, nese momento, xa non precisarán que os acompañedes.

* Este momento é de acompañamento aos nenos e nenas que o necesiten. Non é tempo de charlas longas entre adultos. As nenas e nenos precisan que esteamos "para eles".

Como podedes axudarme a xestionar as miñas emocións de forma positiva?

Xa estamos listos para comezar esta nova etapa xuntos!

Plan de adaptación

EEI MONTE DA GUÍA

Report Abuse

If you feel that this video content violates the Adobe Terms of Use, you may report this content by filling out this quick form.

To report a Copyright Violation, please follow Section 17 in the Terms of Use.