Plantando versos lectura de poemas no xardín no día de rosalía

Homenaxe a Rosalía na data do seu nacemento

"Daquelas que cantan as pombas i as frores/todos din que teñen alma de muller,/pois eu que n'as canto, Virxe da Paloma,/¡ai!, ¿de que a terei?

¡Follas novas!, risa dáme/ese nome que levás,/cal se a unha moura ben moura/branca lle oise chamar./Non Follas novas, ramallo/de toxos e silvas sós,/hirtas, coma as miñas penas,/feras, coma a miña dor./Sin olido nin frescura,/bravas magoás e ferís.../¡Se na gándara brotades,/como non serés así!

Mais vé que o meu corazón/é unha rosa de cen follas,/i é cada folla unha pena/que vive apegada noutra./Quitas unha, quitas dúas,/penas me quedan de sobra;/hoxe dez, mañán corenta,/desfolla que te desfolla.../¡O corazón me arrincaras/desque as arrincares todas!"

Rosalía de Castro

Report Abuse

If you feel that this video content violates the Adobe Terms of Use, you may report this content by filling out this quick form.

To report a Copyright Violation, please follow Section 17 in the Terms of Use.