Obradoiro "Desexos para a túa cidade" 2º A e B primaria

O mércores 30 de novembro os nenos de 2º de primaria participamos na actividade educativa municipal "Obradoiro de desexos para a túa cidade" que se desenvolveu o mércores 30 de novembro no Centro Torrente Ballester, na celebración no da Semana Internacional da Cidade Educadora do Concello de Ferrol como apoio e participación no 1º Dia Mundial das Cidades Educadoras (http://www.edcities.org/)

Participamos moitos coles de Ferrol...

... cando chegamos tivemos que facer un cartel có nome do cole...

... para poder presentarnos aos demais coles...

As nosas compañeiras foron as encargadas de facelo. Saíulles moi ben!

No salón de actos do Torrente, vimos unha curta "Os camiños á escola"...

Vimos a exposición "Os dereitos dos nenos e nenas" de Francesco Tonucci...

Gustounos moito, algunhas viñetas fixéronnos escachar coa risa...

... fixeronnos reflexionar...

.... gustounos moito, estivemos moi atentos!

Un pequeno descanso para tomar as merendas....

E mans a obra...

Fixemos uns debuxos nos que tíñamos que plasmar cómo nos gustaría que fose o entorno do noso cole...

Uns debuxamos beirarrúas mais grandes, árbores....

... outros unha rúa mais grande para que os seus pais non tiveran problemas para aparcar diante da porta...

... un parque con moitos bambáns cuberto, para poder xogar cando chove...

... un parque con tirolina...

... unha rúa sen coches e carril bici... e moitas ideas mais!

Ao rematar, gravamos un vídeo no que lle dixemos ao Alcalde de Ferrol cómo nos gustaría que fose a nosa cidade. Temos moitas ganas de vernos nel!

Credits:

Compañía de María Ferrol

Made with Adobe Slate

Make your words and images move.

Get Slate

Report Abuse

If you feel that this video content violates the Adobe Terms of Use, you may report this content by filling out this quick form.

To report a Copyright Violation, please follow Section 17 in the Terms of Use.