Loading

Canada Piale 2019 Susana Méndez Piñeiro

Comencemos cunha presentación sobre aspectos xerais de Canadá. Clica no vídeo inferior.

Constitution Act 1867.
  • Artículo 93 de Acta de Constitución: Dentro de e para cada Provincia o poder lexislativo fará leis sobre educación. Non existe curriculum nacional e cada provincia fará o seu propio curriculum.
  • Obxectivos de educación en Ontario:
  • Acadar a excelencia: os nenos e os alumnos de todas as idades lograrán altos niveis académicos e de rendemento, adquirirán habilidades valiosas e demostrarán unha boa cidadanía. Apoiaranse aos educadores continuamente e serán recoñecidos como entre os mellores do mundo.
  • Garantir a equidade: todos os nenos e estudantes serán animados a alcanzar e superar todo o seu potencial, con acceso a experiencias de aprendizaxe ricas que comezan ao nacer e continúan na idade adulta.
  • Promover o benestar:  todos os nenos e estudantes desenvolverán potenciais de saúde física e mental, un sentido positivo de sí mesmo e pertenza ó grupo, e as habilidades para tomar opcións positivas.
  • Mellorar a confianza pública : os Ontarianos continuarán tendo confianza no sistema educativo financiado con fondos públicos que axuda a desenvolverse as novas xeracións de cidadáns seguros, capaces e solidarios.
Plan estratéxico 2015 - 2019

Para ser profesor é necesario o título de Bachelor of Education e facer un pograma de Mestrado de dous anos. Despois obter "Provincial Certificate of Education" e unhas prácticas, a través do Ontario College of Teaching, cando teñen que pagar unha taxa e renovala cada ano.

Resultados finais que pretenden acadar no distrito educativo Ottawa Carleton:

Resultado final: características e habilidades que queren nos alumnos
  • O obxectivo e o alumno...
  • Resiliente
  • Globalmente consciente
  • Colaborativo
  • Innovador / creativo
  • Orientado aos obxectivos
  • Pensadores críticos
  • Comunicadores eficaces
  • Académicamente diversos
  • Fluído dixitalmente
  • Que toma decisión éticas

O sistema educativo do distrito Ottawa-Carleton está dividido por etapas:

  1. Elemental desde Kindergarten ó Grado 1 (6 ou 7 anos) e chega ata Grado 8 (edades 13-14)
  2. Secundaria, high school, desde Grado 9 (14-15 anos) ata Grado 12 (17-18 anos). Ontario consta de Grado 12 +.
  3. Post- obrigatoria ou post-secundaria, que divídese en "Colleges" / "Vocational Studies" que son centros de ciclos de formación profesional e "Universities". Despois, estudios de Mestrado e Doutoramento.
  4. Ensino de Adultos.
  • Programas que o distrito de Ottawa Carleton ofrece ó alumnado para completar a sua formación:
  • Especialista con altas capacidades: Paquetes de 8 a 10 cursos que permiten aos estudantes centrar a súa aprendizaxe nun sector económico específico ao obter o título de bacharelato.
  • Educación cooperativa: Un programa que combina a aprendizaxe na aula e no traballo. Os estudantes poden gañar dous créditos de cooperación para os seus requisitos obrigatorios de diploma, sen límite en gañar créditos de cooperación opcional.
  • Programas de crédito dual: Os estudantes teñen máis oportunidades para gañar créditos que contan tanto no seu diploma de bacharelato como un diploma universitario ou certificado de aprendizaxe.
  • Transicións: Educación e planificación da carreira / vida, programas de orientación e axuda extra para os estudantes a medida que pasan de grao a escola e escola a escola.
  • Compromiso escolar: Os estudantes teñen a voz e a influencia para cambiar positivamente o seu ambiente escolar, implicarse máis na vida da escola e alcanzan os seus obxectivos.
  • Equipos supervisores de éxito escolar: En cada escola, un equipo dedicado cun director, profesores e un orientador proporcionan atención e apoio extra para os estudantes individuais.
Táboa de habilidades de aprendizaxe e hábitos de traballo de Ontario Report Card.
  • O desenrolo das habilidades de aprendizaxe e hábitos de estudio son valoradas con estos niveis:
  • E = excellent, demostra excelencia con consistencia
  • G = good, con frecuencia é bó
  • S = satisfactory, as veces demostra bó traballo
  • N = Needs improvement, necesita mellorar e raramente demostra traballo

Esta é unha imaxe do instituto que visitéi en Ottawa: Glebe Collegiate

Resumo do ideario do distrito de Ottawa-Carleton sobre as habilidades de aprendizaxe e logro.

Por un lado COMO aprenden e por outro QUÉ aprenden. A avaliación está mostrada en catro niveis: excelente, bó, satisfactorio e necesita mellorar.
Exemplo de niveis de logro, sempre comparados coa media da provincia. A nota indica que aqueles que acaden nivel 3 ou superior poderán seguir.
Exemplo de informe de cualificacións: aparecen os créditos acadados, o desenrolo no programa de inglés correspondente, ausencias ás clases ou retrasos, os plans individuais de aprendizaxe, si existen, as porcentaxes e medias, comentarios sobre melloras, feedback...
  • Avaliación:
  • Traballo de clase e tests 70 %
  • Exames 30 % ou menos
  • Asistencia a clase, moi importante
  • Participación, moi importante
  • Actitude, moi importante
  • Menos importancia ás cualificacións tradicionais
  • Máis pensamento crítico
  • Proxectos
  • Rúbricas

Os alumnos son dirixidos dende niveis inferiores por determinados "camiños" que os levan a clases con niveis de esixencia adaptados ó seu rendemento e capacidade. En grado 12 (2º Bach) o contido das clases de inglés era moi diferente según os resultados previos dos alumno para poder ser admitidos nunha "university" ou nun "college" (escola de ciclos de formación profesional). Deste xeito existían clases do mesmo nivel moi distintas.

Clica no botón de abaixo para poder leer un PDF en inglés sobre a oferta de ESL, inglés como segunda lingua na provincia de Ontario.

  • Sistema de Semestres:
  • Catro cursos (créditos) cada semestre
  • Oito créditos por ano
  • Un curso ESL (inglés coma segunda lingua) cada semestre
  • Por debaixo dun 50 % = suspenso (debe repetir curso)

Primeiro semestre de Setembro a Xaneiro e segundo de Febreiro a Xuño.

  • O programa de secundaria de Ontario está baseado nun sistema de créditos.
  • Os estudantes deberán gañar un total de 30 créditos (un por cada curso de 10 horas completado con éxito) para obter un diploma de bacharelato. Hai 18 créditos obrigatorios, obtidos nun número determinado de cursos a partir dunha lista de materias que todo estudante debe cursar.
  • Os restantes 12 créditos son opcionais, obtidos nos cursos que o alumno poderá seleccionar na gama completa de cursos que ofrece a escola.
  • Os estudantes tamén deben completar 40 horas de actividades de participación na comunidade e deben superar a proba de alfabetización da escola secundaria de Ontario, que normalmente se realiza no 10º grado.

Aqui móstrase un momento da clase de lingua española.

Axudando a decorar a aula de lingua española co mapa de países hispano falantes.
  • Características do sistema de créditos:
  • O sistema de crédito académico aplícase a estudantes de 9 a 12 anos. Para obter un diploma de Ontario Secondary School, hai que gañar os seguintes créditos obrigatorios:
  • 4 créditos no seu primeiro idioma (inglés ou francés) do 9º ao 12º curso, un crédito ao ano
  • 3 créditos en Matemáticas, con polo menos un crédito no 11º ou 12º.
  • 2 créditos en ciencias, un en grao 9º e outro en grao 10º
  • 1 crédito en Historia canadense do grao 10º
  • 1 crédito en Xeografía canadense de grao 9º
  • 1 crédito nas artes
  • 1 crédito en educación física e sanitaria
  • 1 crédito nun segundo idioma, francés ou inglés ou calquera outro idioma
  • 0,5 créditos en estudos de carreira de grao 10º
  • 0,5 créditos en cívico do grao 10º
  • Requisitos de graduación
  • Para poder cursar a escola secundaria, os estudantes deberán:
  • Aprobar 30 cursos de crédito, incluídos 18 créditos obrigatorios e 12 opcionais
  • Aprobar o test de alfabetización de Ontario Secondary School ou un curso de alfabetización
  • Completar 40 horas de servizo voluntario á comunidade.

O instituto Glebe Collegiate, de case cen anos, oferta programas de deporte, de música e de inmersión en francés para alumnos de altas capacidades, único en Ottawa. Estos son tres exemplos representativos do Glebe.

Ten sobre 1450 alumnos de variada orixe étnica, cultural e relixiosa. Fálasen 59 linguas. Teñen sobre 100 profesores de varias nacionalidades.

Ampla oferta de experiencias curriculares e extracurriculares para promover o compromiso de todo o alumnado có centro e a comunidade.

  • Programas Académicos
  • Grados 9-12: inglés regular, inglés como segunda lingua, francés extra, francés inmersión e avanzado
  • Inmersión francesa
  • Idiomas internacionais: alemán, español, latín
  • Artes visuais, teatro, música (banda, vocal, percusión, teclado)
  • Educación cooperativa
  • Bioxenética: Programa de tecnoloxía que inclúe deseño e comunicacións e enxeñaría en computación
  • Iniciativas de rescate de créditos, recuperación de créditos e éxito de estudiantes
  • A xornada escolar consta de catro períodos de setenta e cinco minutos con xantar dunha hora. Consíguense créditos extraescolares en coro, banda e educación ao aire libre e pódese gañar fóra do horario escolar. As clases van dende o formato tradicional estruturado ao concepto aberto con diferentes modos de colaboración.
  • Grupos de alumnos como Student´s Success Leaders, que informan sobre cales son os problemas dos compañeiros que están tendo problemas.
Promover liderazgo.

Teñen 60 clubs de diferentes actividades nos que os alumnos poden ampliar a sua integración coa escola e o pais.

Exemplo da listaxe de clubs.
  • A educación cooperativa (COOP) é un programa de aprendizaxe experiencial polo que os estudantes gañan créditos. Todos os estudantes beneficianse dunha oportunidade de probar unha carreira profesional.
  • O programa promove o desenvolvemento de habilidades e a exploración de carreira con experiencias de traballo supervisadas na comunidade. Todos os estudantes senior (grados 11 e 12 ) poden inscribirse no programa de cooperación e gañar 2 créditos participando nun traballo de media xornada na súa área de elección.
  • Os obxectivos da Educación Cooperativa son:
  • preparar mellor aos estudantes para futuras carreiras
  • aumentar a motivación dos estudantes
  • axudar aos estudantes a desenvolver plans adecuados de emprego e educación postsecundaria
  • axudar aos estudantes a desenvolver e reforzar as habilidades comerciais
  • axudar aos estudantes a comprender e apreciar mellor o mundo do traballo e axudar aos estudantes a descubrir os seus verdadeiros intereses, capacidades e aptitudes.
• Abrir o camiño á xente con necesidades especiais facilítalle o camiño a todo o mundo. •
  • Imáxes da aula para nenos con necesidades especiais.
  • Os nenos fan probas ó chegar o instituto e son orientados a diferentes clases: os de rendemento máis baixo a aulas específicas coma esta, con tres PTs e dous estudantes de grado 12 que conseguen créditos por isto. Poden estar nesta clase ata os 21 anos.
  • Todo é visual: instruccións, premios...a teñen un poster pro-social donde marcan as cousas ben feitas que fan, tanto académica coma socialmente e todos reciben premios cando acadan o final da táboa.
  • A clase consiste en mostrarlles aspectos básicos de vida: empregar as monedas, cociñar, as sinais de tráfico...e teñen unha mistura cada día de materias curriculares básicas e interdisciplinares.

• Os alumnos que acaden resultados mellores nas probas iniciais serán orientados a integración en grupos de nivel inferior nas materias curriculares, aqueles que acaden "achievement level (niveis de logro) de menos 2" e que serán aconsellados seguir estudios en "colleges" (ciclos de formación profesional), non en universidades, no futuro.

  • Unha idea estupenda era a existencia de "Unified Teams" de diferentes deportes, equipos compostos por nenos de cursos regulares-standard mesturados con rapaces con necesidades educativas especiais.
  • Esto supoña para todos eles unha experiencia única, pola oportunidade de convivencia e de coñecemento mútuo.
  • Competían contra equipos de características similares e tiñan a posibilidade de viaxar, o que facía e experiencia inesquecible para eles.
Fotos da aula para alumnos con NEE. A última, unha imaxe do "equipo unificado" de hockey deste curso!

Ampla variedade de deportes, casi 35 en total.

Exemplo de ofertas de actividades deportivas por temporada.

Entre os deportes mais valorados e populares tiñan volleyball femenino e masculino, rugby, esquí de fondo, remo e competicións de natación, water polo e hockey herba femenino.

Ximnasio
Aula spinning
Diferentes premios deportivos.

Os canadenses nativos, tamén coñecidos como canadenses aborixes, son os pobos indíxenas dentro dos límites do Canadá. Comprenden as Primeiras Nacións (Indios), Inuit (esquimos) e Métis (mestizos), ou polo inicialismo FNIM (Primeiras Nacións, Inuit, Métis). Aínda que "Indio" é un termo aínda usado habitualmente en documentos legais, os termos "indio" e "esquimo" caeron en desuso en Canadá e moitos consideran que son pexorativos.

Imaxes tomadas dentro da aula de Indigenous Studies no Glebe Collegiate.
Mapa do Canada indígena.

As características da cultura indíxena canadense incluían asentamentos permanentes, agricultura, arquitectura cívica e cerimonial, xerarquías sociais complexas e redes comerciais. A cultura mestiza (métis) orixinouse a mediados do século XVII cando as primeiras nacións e os inuit casáronse con europeos. Os inuit mantiveron unha interacción máis limitada cos colonos europeos nese primeiro período. As leis, tratados e lexislación foron adoptadas entre os inmigrantes europeos e as primeiras nacións en todo o Canadá.

Imaxes de posters nos corredores do Glebe recordando a importancia da comunidade indíxena.

Unha parte descoñecida para moitos da historia do Canadá:

  • As escolas residenciais foron escolas relixiosas patrocinadas polo goberno que foron creadas para asimilar aos nenos indíxenas á cultura euro-canadense. As escolas residenciais foron creadas por igrexas cristiás e o goberno canadense como un intento de educar e converter a mocidade indíxena e de integralas na sociedade canadense.
  • Non obstante, as escolas perturbaron vidas e comunidades, provocando problemas a longo prazo entre os pobos indíxenas.
  • Desde a última escola residencial pechada en 1996, os antigos estudantes reclamaron o recoñecemento e a restitución, o que resultou no acordo de liquidación das escolas residenciais indias en 2007 e unha desculpa pública formal do primeiro ministro Stephen Harper en 2008.
  • En total, estímase a 150.000 primeiras nacións, inuit e nenos Métis asistiron a escolas residenciais.
Imaxe do mapa de Residential Schools dentro da clase de Estudios indíxenas. Abaixo móstrase un enlace a un documental sobre estos centros.

A Fundación Legacy of Hope (LHF) é unha organización caritativa nacional dirixida por indíxenas fundada no ano 2000 co obxectivo de educar e concienciar sobre a historia e moito legado do sistema escolar residencial. Este inclúe os impactos directos e continuos sobre Primeiras Nacións, Métis e Supervivientes Inuit, as súas comunidades e os seus descendentes.

No Glebe Collegiate ofertaban unha materia de "Indigenous Studies" para aprender sobre distintas manifestacións de cultura indíxena canadiense que sustituía neste curso por primeira vez a materia de inglés no grado 11 (1º Bach.) Tamén promovían debates sobre aspectos polémicos de convivencia con estos grupos. Aquí abaixo vemos outros exemplos de apoio mental, físico ou emocional prestado polos coordinadores á comunidade indíxena.

Información para os alumnos indíxenas
Sentido de pertenza e de acollida.
  • Iniciativas do centro:
  • Iniciativas para escolas seguras "safe schools"
  • Códigos de conduta da provincia e da escola
  • Programa de intervención temperá para estudantes en situación de risco
  • Programa de Peer Helpers e Peer Mediation
  • Programa Crew Link (mentores de 12º curso para estudantes de 9º curso)
  • Procedementos de emerxencia e protocolos de sucesos de urxencia
  • Iniciativas para apoiar o éxito académico dos estudantes.
  • Diversas montaxes sobre temas relevantes para os adolescentes
  • Programa anti-bullying para garantir que todos os estudantes se sintan seguros
  • Programas de saúde para o benestar médico e psicolóxico e opcións de estilo de vida positivas

A biblioteca ofrece un programa "Link Club Library" no que pon en contacto a alumnos de grado 12 con recién chegados de grado 9 e establécense grupos con líderes maiores que serven de guía no novo centro. Fan actividades conxuntas, reúnense unha vez ó mes, e os maiores reciben créditos para seus cursos, ademáis de estar fomentando ó liderazgo.

Imaxe de actividades levadas a cabo polo club da biblioteca Link este semestre.
  • Link Crew Leadership grados 11/12 (1º e 2º Bacharelatos) é un programa de transición na escola secundaria que acolle aos alumnos de 8º-9º cursos e failles sentir cómodos durante o primeiro ano da súa experiencia na escola secundaria.
  • Baseado na crenza de que os estudantes poden axudar a outros estudantes a ter éxito, Link Crew adestra aos membros das clases 11 e 12 para ser líderes de enlace (link crew). Como modelos positivos, os líderes de enlace son motivadores, líderes e "profesores" que guían o 8º/9º grao para descubrir o que é necesario para ter éxito durante a transición ao ensino medio e axudar a facilitar o éxito dos estudantes.

Vexamos agora varios exemplos de outras iniciativas especiais dentro da oferta do Glebe Collegiate.

Obradoiro de madeira.
Imaxes sacadas do obradoiro de Drama (teatro), activiades extraescolares, decoración reinvindicativa en corredores e da clase de Arte, donde creaban roupas con mensaxe.

O departamento de Música celebra duas noites de música (Music Night) en outono e primavera incluíndo os coros femenino e masculino, a banda, e música offbeat, ademáis dos alumnos que estudian guitarra.

Aula de música.
Programa de Music Night Fall 2019.

Video que recolle actuación da banda de Glege Collegiate este outono.

Vídeo que recolle actuación do coro femenino este outono.

Os departamentos de linguas editaban antoloxías de contos curtos que seleccionaban entre os mellores presentados a concursos de relatos, e logo publicaban e empregaban nas clases de lingua inglesa, por exemplo.

Dende os departamentos de linguas, sobre todo en inglés, promovían o traballo por proxectos que supoñan empregar a biblioteca do centro. Por exemplo, nunha clase de inglés de alumnos de grado 12 orientados á universidade debían escribir artigos sobre obras literarias analizando dende o prisma de diferentes corrientes de crítica literaria. Para iso, visitaban a biblioteca, donde atopaban carpetas feitas polos profesores encargados nas que consultaban bibliografía de apoio ós seus traballos.

Para máis información sobre a oferta no Glebe Collegiate clica no link do centro.

  • Algunhas reflexións sobre a miña visita a Glebe Collegiate:
  • Sistema de créditos moi flexible, que permite ó alumno poder realizar traballos extra, de voluntariado por exemplo.
  • Períodos de clase diarios de hora e cuarto, o que permite ó profesorado poder facer actividades moi diversas, debates, xogos, presentacións...sen presas. Recordar que son materias semestrais.
  • Clases segregadas dentro do mesmo nivel. Asistín a dúas clases de 12º grao, preuniversitaria, onde a materia de inglés era moi diferente. Os que entrarían na university fixeron comentarios de crítica literaria e os que irían a un college , ciclos de FP, corrixiron erros de puntuación e fixeron exposicións orais na súa lingua sobre a súa comida favorita. Todos conseguen o mesmo título, pero de xeito e valided diferentes.
  • Moitas materias moi interesantes que non existen no noso curriculo: madeira, mindfulness, teatro, estudios indíxenas, cursos de business internacional, estudios canadienses que abarcan desde política, lexislación hasta xeografía e historia, educación cooperativa con empresas (COOP), cursos fora do horario escolar que van dende música (banda, coros,jazz...) hasta deseño gráfico, estudios interdisciplinares como o LINK crew, de axuda entre estudiantes de distintos cursos...
  • Moitos recursos: clases dedicadas a spinning, yoga/taichi, piscina, auditorio, talleres de cerámica, fotografía ou madeira...Actuacións musicais de coros e orquesta con todo tipo de instrumentos musicais.
  • Sentido de pertenza ó grupo tanto a nivel escolar como nacional. Aquí tedes un vídeo que mostra a práctica diaria de escoita do himno nacional de Canadá, sempre o comenzar as clases.
  • Uso de tecnoloxías na aula: usaban ChromeBooks, laptops de Google para educación, pero non era un uso xeral. Empregaban algúns profesores o Google Classroom e FlipGrid. Solo vin unha pizarra dixital, na aula das profesoras PTs. Emprego da conta persoal de Netflix das profesoras para ver documentais da plataforma na aula, porque teñen aula materia. Uso do telefono móbil como ferramenta de traballo.
  • Sen embargo, o emprego de teléfono móvil na aula provocaba usos inapropiados deles (xogar, wasapear, redes sociais...) que facía aparecer nas aulas paneis coma o da foto do fondo, donde nunha parede guardaban nestes compartimentos os móviles dos alumnos durante a clase e podían ser devoltos se traballaban ben...Comprobei que dependía bastante do interese concreto da clase, porque en ocasións os profesores non deixaban en absoluto os teléfonos.
  • Clases segregadas, das que falei no apartado anterior, que deixo para a reflexión de cada quén, e pensar se é mellor un sistema donde os rapaces son "encamiñados" por unha determinada vía e ninguén queda no camiño ou o noso donde intentamos que as clases non sexan distintas según resultados, pero que quizais provoca frustación e abandono.
  • Sistema pouco aplicable no noso entorno, isto obligaría a un cambio completo do mesmo no noso país. Os profesores só podemos constatar cousas que funcionan, como o sistema de créditos ou profesores axudantes (moitos xubilados do ensino) nas aulas, pero todo isto non é transferible ó noso sistema se non hai un cambio total de modelo educativo.
  • Os alumnos poden comer, beber, empregar móviles como xa se dixo, e escoitar música con cascos nas clases. En moitos casos o profesorado argumenta que a concentración é maior e teñen menos agresividade...
  • Non usaban nin libro nin pizarra dixitais. Volta as pizarras negras e blancas e libros en papel. Moitos exercicios correxíanse na pizarra de xeito tradicional.
  • Traballos en papel e avaliados por rúbricas na maioría dos casos, máis que a través da plataforma de Google Classroom.
  • O uso de novas tecnoloxías limítase a Google Classroom. Algúns seguen ou volven a empregar o retroproxector de transparencias e incluso animan a non confiar demasiado nas TICS e non empregar nas presentacións do alumnado en clase o PowerPoint e sí presentar o traballo nunha cartulina con fotos feitas por eles para decorar as clases.
Exemplo de traballo sobre un conto/película que decoraba unha aula de Inglés.

E como remate a esta presentación da experiencia no Canadá, algo esencial dentro da actividade: unha pequena mostra das miñas viaxes para coñecer máis deste gran país.

Canada Piale Novembro - Decembro 2019

Esta memoria está pensada para ser compartida na páxina web do meu centro, IES Isidro Parga Pondal de Carballo (A Coruña).