Teatro de Monicreques 1º e 2º EP

O luns 28 de novembro do 2016 acudimos á Afundación de Abanca a ver "De fábula", unha obra de monicreques...

Uns chegamos con moitos folgos, outros un chisquiño cansos...

Tivemos que agardar uns minutiños....

.... uns aproveitamos para falar...

... outros non quitabamos ollo do escenario...

... a profe é unha pesada coas fotos có flash....

xa tíñamos ganas de que comezará...

E POR FIN, CHEGOU O MOMENTO!

Esta raposa foi a protagonista...

Chegoulle o momento de vivir na súa porpia casa do bosque, fixérase maior ...

O bosque era perigoso e tivo que afrontar situacións moi dificiles....

.... pero ela vai aprendendo a superar as dificultades...

... e descubre que, empregando a intelixencia, é capaz de dobregar Ao lobo MAIS TEMEROSO ...

Gustounos moito, aínda que nos gustaría que os monicreques fosen mais reais, que tivesen patas e mais pelo!

E postos a pedir que cantasen algunha canción!!

Ao rematar a obra, os nenos de segundo, tomamos a merenda e xogamos no Cantón....

Antes de regresar ao cole, aproveitamos para dar un paseo polo Cantón na busca de ideas para o "Obradoiro de desexos para a túa cidade"...

buscamos usos para "a paxareira baleira que hai no cantón...

REFLEXIONAMOS SOBRE A NECESIDADE DE REUTILIZAR A AUGA DE FONTES COMO ESTA...

... A NECESIDADE DE ZONAS VERDES NA CIDADE...

FIXEMOS UNHA ASAMBLEA PARA COMPARTIR IDEAS E OPINIÓNS...

Ao finalizar a asamblea, estabamos moi cansos...

Foi unha mañá moi enriquecedora e divertida... pasámolo de medo!

Credits:

CÍA. MARÍA FERROL

Made with Adobe Slate

Make your words and images move.

Get Slate

Report Abuse

If you feel that this video content violates the Adobe Terms of Use, you may report this content by filling out this quick form.

To report a Copyright Violation, please follow Section 17 in the Terms of Use.